Inicio Bibliografía Enlaces
 
Publicacións
Individuais
Colectivas
 

A chave das noces

 



Título orixinal:

Autor:

Ilustrador:

Ano e lugar da 1ª edición:

Editorial:

Colección:

Lingua de publicación:

Lingua orixinal:

Núm. Páx.:

ISBN:

A chave das noces

Xabier P. Docampo

.

Perillo-Oleiros, 1987

Vía Láctea Editorial

Vía Láctea narrativa

Galego

Galego

144 p.

978-84-86531-41-6

Resumen:

Mauro, mozo que traballa de detective privado, encárgase de asuntos menores como cobrar facturas impagadas ou seguir a unha posible adúltera que resulta ser integrante dunha secta religiosa.

Pero todo se lle complica cando un rapaciño portugués de 17 anos que vive nun barco abandonado, colaborador seu, aparece morto logo de lle pedir que intente localizar a súa irmá, que fuxira da casa e traballaba nunha barra americana. Cómprelle entón unha "pipa" do mercado negro.

Tirando do nobelo trala morte do rapaz, averigua que o chulo das barras está metido nunha rede de traficantes de droga e que unha cadea de hamburgueserías utiliza cans abandonados. Sufrindo algunha que outra malleira, entra en contacto co mundo da delincuencia de aparente guante branco e é testemuña de varias mortes por axuste de contas entre eles. Un dos que quedan confésalle no seu chalé que nunca xuntará probas contra el, que ademais ten outros xefes socialmente moi respectados. Nunca dará coa inexistente "chave das noces" que lle abra as portas dos seus superiores na rede mafiosa.

Tampouco hai solución para o caso da portuguesa Maria do Céu, que quere "facer carreira" para axudar a familia. Ou para Lurpio, drogata que rouba pequenos obxectos de consumo que Mauro non repare en comprarlle ás veces para Inés, a súa moza, coa que pode estabilizar a súa relación mentres soa Leonard Cohen nun disco roubado.