Inicio Bibliografía Enlaces
 
Publicacións
Individuais
Colectivas
 

A decisión de Valerio

 



Título orixinal:

Autor:

Ilustrador:

Ano e lugar da 1ª edición:

Editorial:

Colección:

Lingua de publicación:

Lingua orixinal:

Núm. Páx.:

ISBN:

A decisión de Valerio

Xabier P. Docampo

Xosé Cobas

Vigo, 2005

Edicións Xerais de Galicia, S.

Andavía, 6

Galego

Galego

24 p.

978-84-9782-287-9

Resumen:

Valerio está farto de ir a pé á feira. Logo de moito cismar, decide mercar un burro. O que el non sabe é que, logo desa decisión, terá que tomar moitas máis.

Valerio ergueuse moi cedo para ir á feira mercar a fornada. Puxo o traxe novo, colleu algúns cartos e botou a andar. Polo camiño, cavilou que xa non estaba como para andar a pé: tería que facerse con algún medio de locomoción. E en lugar de comprar a fariña, decidiu mercar un burro na feira (preferiuno a unha bicicleta, pois a ela non lle podía consultar cousas).

O pan, comeuno reseso, pero á seguinte feira xa puido ir no seu burro. Nela, comprou un acordeón e non regresou nunca máis á súa casa. Anda polo mundo e coa súa música consegue que a xente lle dea comida e pousada para el e o burro. Seica cando por ser vello xa non poida tocar a quen lle dea un codelo de pan e leito para durmir, halle contar un conto, que sabe moitos.