Inicio Bibliografía Enlaces
 
Publicacións
Individuais
Colectivas
 

¿Víchela, víchela?

 



Título orixinal:

Autor:

Ilustrador:

Ano e lugar da 1ª edición:

Editorial:

Colección:

Lingua de publicación:

Lingua orixinal:

Núm. Páx.:

ISBN:

¿Víchela, víchela?

Xabier P. Docampo

Xosé Cobas

Barcelona, 2001

Editorial Casals, S.A.

O Trolebús, 16

Galego

Galego

60 p.

978-84-218-2476-4

Resumen:

Logo de ler un libro de contos no que unha fada lle dá á rapaza protagonista un nobelo de fío de ouro que lle permitirá atoparse de novo con esta cando a precise, Zita chorou conmovida. Adormeceu soñando co conto e ao acordar sentiu a ilusión de ter unha fada madriña que fose a súa amiga ou protectora, como as dos libros.

Para cumprir o seu soño, foi onda un Facedor de Contos. Este escoitouna con todo o interese, xa que estaba a escribir a historia dunha nena que, como quería ter unha fada amiga, viría visitalo. Como fixera Zita. Ela mostrouse disposta a colaborar, describíndolla tal e como a imaxinaba. Esa noite, cada un na súa casa, espertaron os dous ao mesmo tempo e vírona. ao día seguinte, acordaron as palabras que el ía escribir no caderniño negro de pencas vermellas a xeito de esconxuro para que a fada aparecese: luz, estrela, alegría, dous brincos de abelurias... Para que lles axudase a convocala, visitaron a Noventa, o Facedor de Estampas que converte as palabras en ilustracións, quen esa mesma noite acordou coa visión da fada. Cando volveron onda el Zita e o Facedor de Contos, viron todo o conto debuxado. Só lle faltaba o final, que tiña que poñer Zita.

Esa mesma noite viu a fada, tal e como a debuxara o Facedor de Estampas. E sentiu no corazón as súas palabras: será a súa amiga secreta, que aparecerá cando a necesite ou desexe intensamente. Logo, esvaeceuse nun fío de luz, que formou un nobelo que se pousou nas mans de Zita. Gardouno na súa caixiña dos tesouros e volveu adormecer.