|
Resumen:
Conxunto de catro cartas que o escritor dirixe á súa amada, ao seu fillo, á súa nai e a Tusitala, un bo amigo, acompañadas de ilustracións con diferentes tonalidades de grises e negros e elaboradas mediante a colaxe. Nelas confésalles aos destinatarios o cariño que sente por eles e a importancia das palabras e da literatura nesas relacións. Nas epístolas compárase o acto de contar un conto co acto de amor e o traballo dunha costureira coa elaboración dun libro. Ademais o autor lembra anécdotas e lembranzas da súa vida familiar, como o emprego da técnica de contar contos ao igual que Sherezade para engaiolar a outra persoa; a lectura de libros co seu fillo; a súa introducción á lectura lendo estrofas de tangos para a súa nai; a escaseza de libros na súa infancia e o paso da lectura á aprendizaxe gracias á "Illa do tesouro" e á figura de John Silver. Remátase co apartado "Escribiron e debuxaron" composto dunha carta dirixida ao lectorado e unha conversa co ilustrador.
|