Inicio Bibliografía Enlaces
Blog
Biografía
Contacto
 

Sen dúbida, o acto máis sublime de amor que eu coñezo é contar unha historia.


August, 2008
A CASA DA LUZ, O FILME (VI): DO QUE ACONTECEU NESTES DÍAS NOS QUE AQUÍ HOUBO UN SILENCIO.


Ocorreu que un accidente de certa importancia no meu pé dereito, deixoume nunha situación que me impediu a comunicación (seis días de hospital seguidos de dúas semanas de inmobilidade na miña casa de Vilarón, onde non teño internet) por medio deste blog e, consecuentemente, tampouco puiden volver á rodaxe, aínda que dela me chegaron moitas e moi cariñosas mensaxes de ánimo.

Como me chegaron de tantos amigos e amigas que me queren e que así mo manifestaron. Para todas e todos o meu agradecemento agora e o meu cariño sempre.

(Hai un bocadiño que me chamou Carlos Amil para me dicir que na rodaxe acababan de soar as palabras máxicas: PELÍCULA ACABADA!!)

Xa de volta na miña casa capitalina e como persiste a severa orde de  inmobilidade, pouco podo traballar no computador por mor do cansazo que me produce a postura incómoda na que debo permanecer, pero confío en poder regresar a mediados da semana  que vén  á comunicación (se as previsións medicas se van cumprindo). Daquela farei aínda uns cantos posts nos que conte todo canto da película tiña previsto contar, aínda que o faga agora, cando a rodaxe rematou e todos os que nela traballaron, para os que só teño palabras de admiración e cariño, regresan ás súas casas, aínda que con eles vaian todos os recordos d’A Casa da luz.



posted by Xabier, August 30, 2008 13:16 | permalink | comments (5) | Xeral

1 - 1 of 1

COMMENTS


[ Posted by Jaio, August 30, 2008 17:42 ]
     Maestro, repose usted, repose, pero no deje de contarnos a poquitos, sus pálpitos con la película. Creo que es usted el primer autor del que oigo hablar bien de la adaptación de su obra al cine. Quizás porque su forma de narrar es muy cinematográfica... y claro, les deja el camino trillado.

Salud...


[ Posted by Jaio, August 30, 2008 17:44 ]
     Por cierto... que ya toca el mes de septiembre... ¡digo!

[ Posted by Xosé Antón, September 01, 2008 11:12 ]
     Saúde Irmán.

[ Posted by Folerpa, September 01, 2008 12:52 ]
     Coidese, mestre. E teña mías coidado coas máquinas que as carga o diaño.
Unh aperta


[ Posted by Alfredo Ferreiro, September 02, 2008 1:27 ]
     Moitos ánimos e unha grande aperta.


Post comment

Your name*

Email address*

Url

Comments*

Verification code*






Meus pais


O tempo na Coruña / Alvedro


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet


blog home



archive
JULY 2010
JUNE 2010
MAY 2010
FEBRUARY 2010
OCTOBER 2009
JUNE 2009
MAY 2009
APRIL 2009
MARCH 2009
NOVEMBER 2008
SEPTEMBER 2008
AUGUST 2008
JULY 2008
MAY 2008
APRIL 2008
MARCH 2008
FEBRUARY 2008
JANUARY 2008
DECEMBER 2007
NOVEMBER 2007
OCTOBER 2007
SEPTEMBER 2007
MAY 2007
APRIL 2007
MARCH 2007
DECEMBER 2006
NOVEMBER 2006
OCTOBER 2006
SEPTEMBER 2006
JULY 2006
JUNE 2006
MAY 2006
APRIL 2006



:: Cortexo cívico-reinvindicativo. Cento vinte e cinco anos con Rosalía
July 16, 2010
:: Unha foto coa súa historia
July 13, 2010
:: PREMIOS XERAIS 2010
June 14, 2010
:: LEMBRANZAS DUN SEMINARISTA. 5 O SHA DE PERSIA
May 27, 2010
:: LEMBRANZAS DUN SEMINARISTA DE 1956 4.O SEMINARIO COMO CAMIÑO DE FUXIDA DA ALDEA E DA MISERIA
May 16, 2010






Diccionario da Real Academia Galega




Mandar a un/unha amigo/a



Para seguir este blog



administrador










| © 2006-2009 Xabier P. DoCampo |