Asociación de Escritores en Lingua Galega en honra de Rosalía no 125 cabodano do seu pasamento, e en reivindicación de que o Panteón de Galegos Ilustres onde repousan os seus restos, xunto cos doutros que mereceron do pobo galego a honra de seren tidos por ilustres, sexa devolto ao pobo galego, verdadeiro dono dos símbolos da súa identidade nacional.Quero que chegue o meu agradecemento aos organizadores e organizadoras, na visibilidade de Mercedes, Cesáreo, Ana e Ernesto e na colaboración de cantos lles axudaron a levar a cabo este acto, porque tivo unha organización modélica.
Tamén quero enorgullecerme publicamente dos moitos centos de persoas que participaron nestas máis de cinco horas de cortexo, demostrando que o pobo galego non vai permitir nunca que se faga desprezo dos seus símbolos nacionais e identitarios. Advertindo coa súa presenza e co seu entusiasmo a quen corresponda, que non vai parar de esixir o respecto que a nosa lingua e o nome e lembranmza dos que nos precederon na defensa de Galicia, merecen.


















