Mil parabéns, mestre. Mil e máis. 
------------------------------------------------------ -----------------------------------------------
E benzóns tamén para ti, mestre, amigo, irmao.
E vaian tamén para todos os outros e outras que non esquezo nin no afecto nin na admiración: Margarida, Mercedes, Isaac, Fierros...
E dun xeito especial parabéns para este País, que comeza a se ver na grandeza dos seus.
Chegou MAIO, o mes das Letras Galegas no ano de Xosé Mª Álvarez Blázquez.

Habemos estar aí, no limiar da palabra que nos
convida a entrar no seu ventre grande e acolledor.
a outa cova dos sonos onde teño
o meu segredo de amor;
Estar no lugar onde cada palabra é lume; é flor; é
o río e a súa canle.
E cando estás, recoñecerte. Saber que es ti e que
es o que es. Nada novo nin distinto, só algo que
acontece e que te contén.
ese voar ás toas, polos ares
do degaro, do afán, da señardade…
Que nos contén a todos en si e fainos nós. Só
nós, pero non nós sos.
Érguete e ergue a palabra que por túa é de todos.
Faite recoñecer e recoñece aos que contigo comparten
a palabra que nos leva en si.
Que dá fe da nosa existencia.
Que ao dicirnos dános a vida.
Esta saudade, ¡ai, Deus, si ti ma deche,
non a tires de min, pois nela vivo!