Estoutro día xantando co meu amigo Xulio Mancebo, contoume que un amigo de seu dicía algo que me gustou moito: "os cartos deberan ser coma as patacas e valeren só para o ano"
A min, que teño os cartos por asunto innobre por natureza, pereceume unha idea que, polo menos, corrixiría o mal uso que do diñeiro se fai. Mesmo me deu para facer un contiño (está en anotacións aínda) sobre do asunto. Sobre desa idea de que cada ano haxa que partir de cero. Cada ano tes que decidir entre facer a semente das/dos ano pasado ou pensar en procurar unha nova, mesmo en cambiar a semente cun veciño ou en mudar de leira para que a do ano anterior descanse... Graciñas Xulio.

















