string(29) "Sat, 16 Feb 13 14:00:00 +0100" string(10) "1361019600" string(29) "Sat, 16 Feb 13 14:00:00 +0100" string(10) "1361019600" March 2013 « O blog de Xabier P. doCampo
Inicio Bibliografía Enlaces
Blog
Biografía
Contacto
 

Sen dúbida, o acto máis sublime de amor que eu coñezo é contar unha historia.


MARCH 2013


March, 2013
NOELIA


Teño reflexionado con frecuencia sobre o oficio da escritura. É un traballo que forma parte dos meus momentos de felicidade. Fóra dos rostros amados, nada, ningunha ocupación me fixo completamente feliz, ningunha cousa encheu o meu corazón e permaneceu, so tiven lóstregos, seguramente non hai máis nada, iso é todo.

Ando nos institutos e nos colexios onde me encontro cos lectores e lectoras das miñas obras e gústame falar con eles. Procuro que a conversa derive o máis posíbel a falar da literatura, do valor da lectura e do pracer da escritura. Por pudor, fuxo canto podo de falar de min e dos meus libros, prefiro, porque me sinto máis libre de loalas, falarlles das obras dos outros, dos clásicos que amo coma Cunqueiro e Stevenson, pero tamén dos meus contemporáneos, autores grandes e dignos de seren lidos o mais deles. O meu meirande degaro é que lean, non que lean os meus libros.

Vén todo isto a conto de que hoxe estiven no CEIP de San Pedro de Visma, n’A Coruña. Pasei cadansúa hora cos rapaces e rapazas de 5º e 3º de primaria, e foi estando con estes últimos cando sucedeu o intre de felicidade do día de hoxe para min. Levantou a man para facerme unha pregunta Noelia. Noelia é unha nena que, para chegar a onde os outros chegan con facilidade, ten que se pór na punta dos pés da alma. Indiqueille que falase e díxome: "Me gustó mucho tu cuento”, así, aínda que case todos me falaron en galego, ela díxomo en castelán.

Sentinme conmovido até onde o meu corazón resiste. Teriades que ver como me estaba a ollar Noelia cando dixo isto. Tiña nos olliños a mesma luz que, estou seguro, se lle pon cando lle di a súa mai "quérote moito”. A mesma que se acende cando a mestra lle di que o seu traballo está moi ben feito e a felicita. Alí, nos seus ollos, estaba a rebentar un foguete de lucería. Vin, algo que hai moito que non vía, a ollada das verdades da alma, esa pola que se pode penetrar no corazón limpo e fermoso dunha nena que garda nel toda a inocencia do universo.

Só escribir, crear novas historias anceio. Nin éxito literario nin premios nin recoñecementos públicos andei nunca a procurar. Vivín este oficio, collendo o que se me outorgou con agradecemento, pero sempre como se fose algo alleo. Mais se esas cousas arelase nalgún momento da vida, todas, todas as trocaría agora polas palabras de Noelia. Para escoitar cousas así é polo que me paga a pena facer o que fago e seguir desexando escribir un conto máis.



posted by Xabier, March 12, 2013 15:28 | permalink | Xeral

O CLAN DE GRANDA


A cousa sucedeu hai xa dúas semanas, o sábado 16 de febreiro. Dábame un certo pudor traer aquí algo que ten un aquel de privado. Pero venzo eses pudores e conto o que aquel día aconteceu.

Ese día xuntámonos en Xermar, a parroquia na que se escriben as nosas lembranzas máis afastadas, catro xeracións da familia de Granda, que é a nosa, a de aqueles que máis perto ou máis lonxe do nome de pía levamos o apelido Puente, que segundo di o Padre Crespo Pozo no seu Linajes y Blasones de Galicia, «los Puente o bien son gallegos o vinculados en algunas de sus ramas a Galicia» e no noso caso vencellados desde tempos inmemoriais á Terra Chá.

Foi unha xornada emocionante na que disfrutamos toda a parentela, desde as nosas velliñas (aínda están aí tres fillas da casa de Ribadainsua e outras tres viúvas doutros tantos fillos desa casa petrucial, e que sigan por moito tempo) até a cativería máis noviña.


Estivemos alí esas sesenta e seis persoas que se ven na foto atrancando a estrada que vai de Castro á Feira do Monte, e que formamos na actualidade o clan dos de Granda. As ditas seis tías, curmás e curmáns, cos seu fillos e fillas, con xenros e noras, con netos e netas... Todos cinguidos a un mesmo vencello familiar que, formado por xente labrega e traballadora (e algúns cregos, tamén é certo), fundamentou o seu orgullo de clan na honradez da súa xente xa que non o facía en estirpe de nobreza ou fidalguía. A casa de Granda ten un lugar na historia da Terra Chá por se radicar nela desde fins do século XVIII unha parada de bestas, cando estes negocios eran unha concesión gobernamental sometida a estritas normas de distancia e control.

En realidade, e esa é a verdade, non hai máis orgullo de clan que aquel que nace do cariño e a el nos acollemos ao celebrarmos esta xuntaza.







posted by Xabier, March 02, 2013 17:03 | permalink | Xeral

1 - 2 of 2


Meus pais


O tempo na Coruña / Alvedro


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet


blog home



archive
MAY 2017
MARCH 2017
JANUARY 2017
NOVEMBER 2016
OCTOBER 2016
JUNE 2016
APRIL 2016
FEBRUARY 2016
JANUARY 2016
DECEMBER 2015
MAY 2015
MARCH 2015
FEBRUARY 2015
DECEMBER 2014
NOVEMBER 2014
SEPTEMBER 2014
JULY 2014
JUNE 2014
APRIL 2014
MARCH 2014
JANUARY 2014
DECEMBER 2013
MAY 2013
APRIL 2013
MARCH 2013
FEBRUARY 2013
JANUARY 2013
DECEMBER 2012
AUGUST 2012
JUNE 2012
MAY 2012
APRIL 2012
MARCH 2012
FEBRUARY 2012
DECEMBER 2011
OCTOBER 2011
APRIL 2011
MARCH 2011
DECEMBER 2010
NOVEMBER 2010
JULY 2010
JUNE 2010
MAY 2010
FEBRUARY 2010
OCTOBER 2009
JUNE 2009
MAY 2009
APRIL 2009
MARCH 2009
NOVEMBER 2008
SEPTEMBER 2008
AUGUST 2008
JULY 2008
MAY 2008
APRIL 2008
MARCH 2008
FEBRUARY 2008
JANUARY 2008
DECEMBER 2007
NOVEMBER 2007
OCTOBER 2007
SEPTEMBER 2007
MAY 2007
APRIL 2007
MARCH 2007
DECEMBER 2006
NOVEMBER 2006
OCTOBER 2006
SEPTEMBER 2006
JULY 2006
JUNE 2006
MAY 2006
APRIL 2006



:: A CHORIMA, A FLOR DAS NOSAS LETRAS
May 12, 2017
:: Ilusionista Martín Varela. SERENDIPIA
March 05, 2017
:: MIMOSAS un filme de Oliver Laxe
January 06, 2017
:: UNHA LEMBRANZA DAQUEL PRIMEIRO DE ANO DE 1959
November 26, 2016
:: UNHA ÚLTIMA CARTA
November 16, 2016






Diccionario da Real Academia Galega




Mandar a un/unha amigo/a



Para seguir este blog



administrador










| © 2006-2009 Xabier P. DoCampo |