Para os galegos marzo é o mes da poesía e do teatro... E así o vimos Xosé Cobas e máis eu.

Na voz dos poetas,
na voz das poetas
a palabra é pena de ave,
lóstrego na noite, firmeza no vendaval.
É pedra do camiño
ou dunha pedreira ou do fondo do mar.
A palabra é sal e auga e flor.
Flor da tona da auga que baila e acouga o paso.
Que fai un chan que non se pode pisar.
En cada poema hai unha soa palabra,
a palabra xusta e cabal.
a que nos di,
a que nos debuxa e nos pon no mundo.
Ler un poema é ollar no fondo da nosa alma.

















