Foi o pasado venres, 23 de marzo, e foi unha linda noite de irmandade.

Benzóns para ti, meu irmao!
Non sei quen foi, porque mo contou meu pai dun seu compañeiro de escola que non era moi aleuto e non daba rompido a ler. Parece ser que a súa mai, algo desesperada polos escasos progresos escolares do seu fillo, díxolle ao mestre: "Mire, don Jesús, se ve que o meu fillo non arrinca a ler, pídolle por favor que mo poña a escribir".
Coma certos escritores, que teñen una obra publicada moito máis estensa ca obra lida. Escritores no senso estrito da palabra: só escriben, nunca len. Ás veces tamén falan... iso si, da súa propia obra.
9 de marzo...
In memoriam Carlos Casares
Antonte, con Paco Martín e con Xavier Senín, fomos a Madrid para xantar con Juan Farias (amigos de teu os catro) a quen había tempo que non víamos. Nas conversas saíu o teu nome sete ou oito veces... A inmortalidade é ter un lugar no corazón dos amigos.
Paco Martín ten un trebello no coche que te vai guiando polos camiños, de seguro que habías gustar moito del.
Desde dentro da memoria, unha forte aperta.