string(29) "Sat, 16 Feb 13 14:00:00 +0100" string(10) "1361019600" string(29) "Sat, 16 Feb 13 14:00:00 +0100" string(10) "1361019600" December 2012 « O blog de Xabier P. doCampo
Inicio Bibliografía Enlaces
Blog
Biografía
Contacto
 

Sen dúbida, o acto máis sublime de amor que eu coñezo é contar unha historia.


DECEMBER 2012


December, 2012
CHEGOU O NADAL


Todos os anos, cando chegan estas datas, a memoria sobarda coas lembranzas da infancia e do Nadal daqueles días. Un Nadal feliz porque era o da nenez. Estou seguro que o Tomás, o Xoán Xosé e a Maruxa tamén lembran aquela felicidade infantil na Feira do Monte.
Será por iso que desde a primeira vez que lle escoitei a Lilian Gish pronunciar as palabras que di ao final de  The Night of the Hunter de Charles Laughton, tiven o Nadal como unha festa infantil. Tempo despois lin a novela de Davis Grubb na que se basea a película, e esas palabras, que tantas veces compartín con Martin Pawley, volvéronse máis importantes e fanse sempre presentes ao chegaren estas datas.
Póñoas aquí a xeito de postal de Nadal. Con elas desexo para todas as persoas dos meus afectos, da miña amizade un bon Nadal, tan bon que non nos permita esquecer nin sermos indiferentes nin, moito menos, resignados.

«O Nadal enfurecía a Rachel. Traía á súa memoria máis unha vez todo o que o mundo lles fai aos nenos, Se escoitamos con atención, en todas as noites da historia se pode sentir o ruído das pisadas dos nenos abandonados para os que non se abre ningunha porta acolledora. E naqueles axitados días que precedían ao Nadal a vella Rachel andaba pola cociña a remexer cos pucheiros e coas cazolas, rosmando e ollando polas fiestras con cara de ferreiro, enfadada polo xeito como tiñan que pasar aqueles días de invernía tantos nenos en tantos lugares do mundo.

[…]

Rachel reflexionou sobre dos nenos. Cabería pensar que o mundo debera avergoñarse de ter dedicado aquel día tan sinalado a un deles e, porén, deixar que todo seguira igual: que os nenos vagaran polos camiños e lanzaran os seus laios ao vento coma ovellas perdidas mentres o pastor bebía e se regalab na taberna sen prestar ouvidos ás súas febles queixas. O Señor garde os nenos! Porque a todo fillo de muller lle chega o intre de correr por un lugar sombrizo, un canellón sen portas, perseguido por un cazador cuxas pisadas resoan intensamente nas pedras do chan.»

Davis Grubb: A noite do cazador (1953)


 


posted by Xabier, December 24, 2012 12:57 | permalink | Xeral

1 - 1 of 1


Meus pais


O tempo na Coruña / Alvedro


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet


blog home



archive
MAY 2017
MARCH 2017
JANUARY 2017
NOVEMBER 2016
OCTOBER 2016
JUNE 2016
APRIL 2016
FEBRUARY 2016
JANUARY 2016
DECEMBER 2015
MAY 2015
MARCH 2015
FEBRUARY 2015
DECEMBER 2014
NOVEMBER 2014
SEPTEMBER 2014
JULY 2014
JUNE 2014
APRIL 2014
MARCH 2014
JANUARY 2014
DECEMBER 2013
MAY 2013
APRIL 2013
MARCH 2013
FEBRUARY 2013
JANUARY 2013
DECEMBER 2012
AUGUST 2012
JUNE 2012
MAY 2012
APRIL 2012
MARCH 2012
FEBRUARY 2012
DECEMBER 2011
OCTOBER 2011
APRIL 2011
MARCH 2011
DECEMBER 2010
NOVEMBER 2010
JULY 2010
JUNE 2010
MAY 2010
FEBRUARY 2010
OCTOBER 2009
JUNE 2009
MAY 2009
APRIL 2009
MARCH 2009
NOVEMBER 2008
SEPTEMBER 2008
AUGUST 2008
JULY 2008
MAY 2008
APRIL 2008
MARCH 2008
FEBRUARY 2008
JANUARY 2008
DECEMBER 2007
NOVEMBER 2007
OCTOBER 2007
SEPTEMBER 2007
MAY 2007
APRIL 2007
MARCH 2007
DECEMBER 2006
NOVEMBER 2006
OCTOBER 2006
SEPTEMBER 2006
JULY 2006
JUNE 2006
MAY 2006
APRIL 2006



:: A CHORIMA, A FLOR DAS NOSAS LETRAS
May 12, 2017
:: Ilusionista Martín Varela. SERENDIPIA
March 05, 2017
:: MIMOSAS un filme de Oliver Laxe
January 06, 2017
:: UNHA LEMBRANZA DAQUEL PRIMEIRO DE ANO DE 1959
November 26, 2016
:: UNHA ÚLTIMA CARTA
November 16, 2016






Diccionario da Real Academia Galega




Mandar a un/unha amigo/a



Para seguir este blog



administrador










| © 2006-2009 Xabier P. DoCampo |