string(29) "Sat, 16 Feb 13 14:00:00 +0100" string(10) "1361019600" string(29) "Sat, 16 Feb 13 14:00:00 +0100" string(10) "1361019600" November 2014 « O blog de Xabier P. doCampo
Inicio Bibliografía Enlaces
Blog
Biografía
Contacto
 

Sen dúbida, o acto máis sublime de amor que eu coñezo é contar unha historia.


NOVEMBER 2014


November, 2014
EN QUE FALA PODEMOS?


Eu miro o xa chamado "fenómeno Podemos” con toda a simpatía do meu corazón. Aínda que non fose máis que polo medo que lles pon a PP, PSOE, patronal, bancos, JPMorgan e outros semellantes, xa me chegaría. Tamén me agrada a xuventude dos seus máis destacados líderes e mesmo non teño nada en contra de que sexan quen dalgúns trasacordos sobre de cousas que ceibaron por aquilo de que o falar non ten cancelas. E digo todo isto desde a distancia, porque Podemos é un fenómeno que vén de lonxe e que aquí os seus líderes carecen do glamour das pantallas que adorna figuras ben coñecidas do Podemos madrileño.

Sabemos das persoas que van diante en Podemos en Galicia por contadas aparicións en prensa e radio (case nada en TV), ben certo que isto é así por vontade da prensa e non dos/das representantes do partido. E mesmo, ás veces, as súas aparicións son ben pouco afortunadas coma o caso do líder lugués mal escollido, a parvada dos ferroláns sobre "a casta dos funcionarios” e algunhas máis. A última que tiven que escoitar foi a presenza nun programa de radio na emisora da SER na Coruña de dous líderes ou representantes da formación nunha entrevista. E non polo que dixeron, que, coma sempre que falan o que din contén moito do que desexamos que ocorra, senón por como o dixeron. Eran un home e unha muller, esta falaba en castelán e el en galego con rigorosa alternancia. Querían deixar clara a opción bilingüe de Podemos e facelo nun equilibrado 50 %.

Eis un dos arcos da ponte de Podemos que se vence e deita ao río a firmeza das súas propostas. Vexamos. Eu acredito e defendo con todas as miñas poucas forzas a liberdade de que cada individuo fale no que lle pete, fique iso ben por diante. Mais non estamos a falar da liberdade das persoas na súa privacidade, senón de formacións políticas, por tanto da oferta de proxectos de organización da sociedade.

Podemos en Galicia aínda non conseguiu ser quen de se decatar de que temos unha lingua propia e esa ten que ser a lingua das institucións (os partidos políticos son institucións públicas). Cada membro pode falar no que lle pete, pero cando representan ao partido en Galicia a opción deixa de ser persoal e é institucional. E nese sentido, mesmo, non hai lugar a optar, é algo que vén por defecto. Posturas coma a das dúas persoas que eu escoitei en Radio Coruña, dirixidas a eclecticismos de neutralidade acaban no ridículo, cando non no engano.  En Galicia o cen por cen da poboación entende os dous idiomas e quen diga o contrario mente, así que a obriga dun representante público é a de usar sempre nos actos públicos e institucionais a lingua propia de Galicia e con iso está a se definir como galega e a dicir que o seu proxecto vai dirixido a Galicia e aos galegos e ás galegas, falen eles e elas galego ou castelán.

Discutir cal vai ser a lingua na que Podemos se vai dirixir á sociedade galega (como lin nunha convocatoria de Podemos de Vigo) non pode ter máis que un resultado: o galego. Na súa casa, nos seus círculos, nas súas asembleas... cadaquén falará o que lle pete, pero a lingua de Galicia é o galego, como o seu propio nome indica. Que hai outra oficial? Si, pero ao galego o Estatuto chámalle propia e por algo será.

Podemos foi creado tomando como laboratorio e mostra de análise do sentir da sociedade, Madrid e iso pexou gravemente calquera posibilidade de que os seus círculos periféricos fuxisen de mimetismos cara a unha visión non centralista da súa proposta, de contemplarse facendo parte dun estado formado por diversas nacións con caracterísiticas singulares e con aspiracións soberanistas propias.  Non direi que coma UPyD, porque este nega a mesma existencia de calquera singularidade, pero si que sobre disto Podemos ten unha sensibilidade morna. Así que é ben que poñan en claro a súa posición, polo menos no tocante á lingua galega cando se dirixen aos galegos e ás galegas, que así terán un indicio de se son tomados en consideración como tales ou non.



posted by Xabier, November 25, 2014 7:18 | permalink | Xeral

1 - 1 of 1


Meus pais


O tempo na Coruña / Alvedro


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet


blog home



archive
MAY 2017
MARCH 2017
JANUARY 2017
NOVEMBER 2016
OCTOBER 2016
JUNE 2016
APRIL 2016
FEBRUARY 2016
JANUARY 2016
DECEMBER 2015
MAY 2015
MARCH 2015
FEBRUARY 2015
DECEMBER 2014
NOVEMBER 2014
SEPTEMBER 2014
JULY 2014
JUNE 2014
APRIL 2014
MARCH 2014
JANUARY 2014
DECEMBER 2013
MAY 2013
APRIL 2013
MARCH 2013
FEBRUARY 2013
JANUARY 2013
DECEMBER 2012
AUGUST 2012
JUNE 2012
MAY 2012
APRIL 2012
MARCH 2012
FEBRUARY 2012
DECEMBER 2011
OCTOBER 2011
APRIL 2011
MARCH 2011
DECEMBER 2010
NOVEMBER 2010
JULY 2010
JUNE 2010
MAY 2010
FEBRUARY 2010
OCTOBER 2009
JUNE 2009
MAY 2009
APRIL 2009
MARCH 2009
NOVEMBER 2008
SEPTEMBER 2008
AUGUST 2008
JULY 2008
MAY 2008
APRIL 2008
MARCH 2008
FEBRUARY 2008
JANUARY 2008
DECEMBER 2007
NOVEMBER 2007
OCTOBER 2007
SEPTEMBER 2007
MAY 2007
APRIL 2007
MARCH 2007
DECEMBER 2006
NOVEMBER 2006
OCTOBER 2006
SEPTEMBER 2006
JULY 2006
JUNE 2006
MAY 2006
APRIL 2006



:: A CHORIMA, A FLOR DAS NOSAS LETRAS
May 12, 2017
:: Ilusionista Martín Varela. SERENDIPIA
March 05, 2017
:: MIMOSAS un filme de Oliver Laxe
January 06, 2017
:: UNHA LEMBRANZA DAQUEL PRIMEIRO DE ANO DE 1959
November 26, 2016
:: UNHA ÚLTIMA CARTA
November 16, 2016






Diccionario da Real Academia Galega




Mandar a un/unha amigo/a



Para seguir este blog



administrador










| © 2006-2009 Xabier P. DoCampo |